Turismo

Paraxes

PONTE DE FERREIRA

A súa construción realizouse na época de Fernán Pérez de Andrade, O Boo, na segunda metade do século XIV. A esa mesma época corresponden moitas outras edificacións de importancia na zona; unha lenda recollida no libro "Narahío Un Castelo Medieval" di que Fernán Pérez edificou sete igrexas, sete monasterios , sete hospitais e sete pontes en sete ríos caudalosos. Coa construción destas pontes dotábase ás terras dos Andrade dunha rede viaria de calidade, ademais de constituír unha fonte de importantes ingresos para esa casa, procedentes dos dereitos señoriales que se cobraban por utilizalos.
Consérvase xunto á ponte un gran jabalí de pedra, símbolo xunto co oso da casa de Andrade, que se sacou do leito do río fai anos.