Un ano máis, San Sadurniño, cumpre coa redacción duns novos ornamentos participativos. Dende o pasado mes desenvolveronse asambleas nas sete parroquias do termo municipal para coñecer as propostas veciñais. O pasado venres 19 de novembro concluía o proceso coa presentación pública das obras cos veciños escolleron para que se acometan con cargo ó ornamento municipal de 2011.
O Concello destinará un total de 109.141,57 euros a este cometido. Así, por parroquias a inversión dividirase do seguinte modo: Naraío e San Sadurniño percibiran 19.642,86 euros; Lamas, 15.808,65 euros; Igrexafeita, 14.270,71; Ferreira, 14.041,74; Santa Mariña, 13.949,04 e Bardaos, 11.785, 71 euros.