Debe habilita-los SCRIPTS no seu navegador SanSadurnino

Lingua



Normalizacion Lingüistica

"O Concello de San Sadurniño está firmemente comprometido coa lingua galega, porque é a nosa. É parte fundamental do inmenso patrimonio que ten Galicia, e polo tanto tamén de San Sadurniño.

A Lei 5/1988 define o uso do galego como lingua oficial das entidades locais, dado que son as administracións máis próximas á cidadanía e cómpre que se impliquen no desenvolvemento integral do galego na Administración, e na súa promoción na vida cotiá.

Neste senso a normalización lingüística do galego, á par da mellora dos servizos que ofrece o Concello de San Sadurniño, é parte fundamental na posta en marcha das novas políticas municipais. Por iso o Concello conta cunha normalizadora lingüística, e o 8 de maio de 2008 foi publicada no BOP da Coruña a Ordenanza sobre o Servizo de Normalización Lingüística do Concello de San Sadurniño, que podedes atopar no apartado de "Documentos". Esta é a norma que regula o uso da nosa lingua na administración local, e pretende que a documentación e a información xeradas polo Concello sexan integramente en galego.

De igual xeito preténdese que o conxunto de veciños e veciñas teñan acceso á documentación e ós impresos normativizados que xera o Concello, aproveitando as posibilidades que ofrece a Internet. Por iso nesta páxina web é posible atopar modelos de impresos en galego, así como o presente apartado dedicado en exclusiva á Lingua, e onde se recollen textos legais, novidades e recursos lingüísticos, como enlaces a tradutores, correctores ou programas informáticos en galego."

Documentos de Normalizacion Lingüistica:


29/10/2008
NORMALIZACION
29/10/2008
NORMALIZACION