BANCO DE TERRAS DE GALICIA (BANTEGAL)
O Banco de Terras de Galicia (Bantegal) foi creado no 2007 pola Consellaría do Medio Rural para evitar o abandono da superficie agraria útil, e para que as persoas que queiran montar ou ampliar a súa explotación agraria dispoñan de terras para facelo. Desta maneira preténdese crear máis riqueza e mellorar a competitividade das explotacións.
O Bantegal é un órgano de xestión de terras. Aquelas persoas propietarias de terras agrícolas que non traballe e que estea interesada en que as súas propiedades teñan un uso e un coidado e recibir un rendemento económico polo seu arrendamento, poden poñelas, de maneira voluntaria, a disposición do Bantegal.
E aquelas persoas que queiran ampliar ou crear unha nova explotación agrícola poden acudir ó Bantegal en busca de parcelas para arrendar.
O Bantegal xa está a funcionar no Concello de San Sadurniño, e no resto da comarca. Polo tanto animamos tanto ós posibles arrendatarios, como ós posibles arrendadores, para que tiren proveito do Bantegal, e desta maneira se poda avanzar cara ó mantemento e a recuperación da superficie agraria de San Sadurniño.
Están dispoñibles nos enlaces correspondentes arquivos informativos sobre o Bantegal, así como os prezos tipo dos arrendamentos que se aplicarían nas distintas parroquias do Concello de San Sadurniño.