Concello

O Alcalde

No meu nome e no do resto da corporación municipal dámoslles a benvida a esta páxina web do Concello de San Sadurniño.


As novas tecnoloxías da información teñen que servir para achegar a Administración ao conxunto dos veciños e das veciñas. Por iso coidamos que esta é unha ferramenta fundamental para mellorarmos o funcionamento do noso concello, para incrementarmos os servizos públicos e para espallarmos con máis rapidez e eficacia a información que poda ser de interese para o conxunto da cidadanía.


Neste senso, a páxina web que están a visitar ofreceralles información básica sobre o noso termo municipal, de cara a poderen coñecer un pouco da nosa historia e do noso territorio, así como dalgúns dos recursos turísticos cos que contamos. Asemade pretendemos que as actividades, as convocatorias e outras novas que afectan ao concello, ou que podan ser de interese xeral, sexan difundidas por este medio.


Por outra banda, a web ofrece información de carácter institucional, ao carón da cal as persoas usuarias atoparan documentación esencial para poderen solicitar algúns dos servizos que o concello posúe.


Pero ademais, co obxectivo xeral de mellorar a gobernanza local, esta web quere ser un punto de encontro e participación, onde as diferentes entidades e asociacións de San Sadurniño poden expresar as súas inquedanzas e as súas propostas, así como informar das actividades que desenvolven.


Polo tanto, convídoos a que se asomen a esta xanela na rede e percorran os seus diferentes apartados, agardando que achen toda a información que precisen. En todo caso, este quere ser un espazo de comunicación e diálogo, aberto aos intereses e necesidades da cidadanía, polo que agradeceremos as súas suxestións, inquedanzas ou queixas. Grazas a elas abofé que poderemos mellorar os servizos que ofrecemos.


Benvidos, benvidas a San Sadurniño


Secundino García Casal


Alcalde

Contactar co alcalde

alcaldia@sansadunino.es